

Alcázar é un termo español para referirse a un castelo ou palacio fortificado. Provén do árabe e significaba campamento ou cuartel.
É unha fortificación sobre rochas, situada na parte máis alta de Toledo.
A construción orixinal data do século III d. C., na que foi pazo romano. No século VI, co rei Leovixildo, foi sede do estado. Posteriormente tivo moitas ampliacións.
Alfonso X O Sabio fundou nel a Escola de Tradutores.
Sufriu 3 importantes incendios ao longo da súa historia. Durante a Guerra Civil quedou practicamente destruído polo exército republicano.

Foi construído polos romanos entre os séculos I e II d. C.
Está realizado con granito, asentado sen argamasa. Os arcos na zona inferior teñen un van de 4,5 metros.
Figura no escudo da cidade.
Conduce as augas dun manancial situado a 17 quilómetros da cidade. A auga recóllese nunha cisterna, para ser conducida ata unha segunda torre, onde se decanta, quitándolle a area. Ten unha pendente dun 1%. Xa na cidade ten uns arcos que, na parte máis elevada, acadan os 28 metros (con preto de 6 metros de cimentos) e ten dúas ordes de arcos.

A Alhambra é unha cidade con pazos e fortaleza que aloxaba ó monarca e á corte do Reino de Granada. É de orixe árabe. O seu verdadeiro atractivo radica nos interiores cunha decoración que está entre os cumios da arte andalusí, así como na integración da mesma na natureza. A primeira constancia que temos dela data do século IX. Foi creada con propósitos militares, ten fortaleza (alcazaba), pazo (alcázar) e cidade (medina).
Os lugares máis representativos son: alcazaba, generalife, partal. Pazos Nazaríes, Pazo de Carlos V, patio dos Leóns e xardíns do generalife.
É un dos monumentos españois máis visitados.

A Mesquita de Córdoba é unha antiga mesquita construída no século VIII sobre unha igrexa visigoda, e convertida en catedral no século XIII. Constitúe xunto coa Alhambra o monumento máis importante da arquitectura española-musulmá.
O edificio está declarado Patrimonio Cultural da Humanidade e Ben de Interese Cultural.
Con 23.400 metros cadrados, foi a segunda mesquita máis grande do mundo en superficie, por detrás da Mezquita da Meca.
Conta con 1.300 columnas sobre as que hai 365 arcos de ferradura bicolores.

A Porta de Alcalá é unha das cinco antigas portas reais que daban acceso á cidade de Madrid.
Foi construída a finais do século XVIII, durante o mandato de Carlos III. Toma o nome por ser a saída cara a Alcalá de Henares.
Está ao lado do Parque do Retiro e preto da Cibeles.
Mide 41 m de ancho por 21 m de altura. Coroándoa están esculturas de catro nenos que representan as 4 virtudes: fortaleza, xustiza, temperanza e prudencia.
Existe unha famosa canción de Ana Belén e Víctor Manuel dedicada a ela.

A Igrexa da Sagrada Familia é unha basílica católica romana en Barcelona, deseñada polo arquitecto Antoni Gaudí. Comezouse a construír no 1882, e aínda está en construción. É o maior expoñente da arquitectura modernista catalá. É de estilo neogótico.
Mide 170 metros de altura. As torres teñen forma de espiral, dando a impresión de que soben. Cando estea rematada terá 18 torres.
Conta con cinco naves que forman unha cruz latina. A nave central acada os 45 m de altura, mentres que as laterais chegan aos 29 m. No interior atópanse columnas inclinadas con forma de árbore. Conta con fermosas vidreiras.

O Teatro romano de Mérida está na cidade romana de Augusta Emerita, actual Mérida (Badaxoz). Foi construído entre os anos 16 e 15 a. C.
Sufriu varias remodelacións. Tras ser abandonado, cubriuse de terra, quedando só visible a zona superior das gradas.
No seu momento tiña capacidade para 6.000 persoas e contaba con trece portas de acceso. As clases sociais máis acomodadas sentábanse na zona baixa. O escenario ten 63 metros de lonxitude e acada unha altura de 17,50 m.
Foi declarado Patrimonio da Humanidade no ano 1.993 pola UNESCO. Nel celébrase anualmente o Festival de Teatro Clásico.

A Torre del Oro está situada na marxe esquerda do río Guadalquivir (Sevilla). A súa altura é de 36 metros. Posiblemente o seu nome en árabe faga referencia ao brillo dourado que se reflectía sobre o río. O brillo era debido a unha mestura de morteiro, cal e palla prensada.
Foi construída no século XIII, e ampliada posteriormente. Ten tres corpos, os dous primeiros de 12 caras (dodecagonais), e o último circular.
Foi capela e posteriormente, cárcere.
Foi declarada monumento histórico-artístico en 1931. Atópase en bo estado de conservación e alberga o Museo Naval de Sevilla .