

O castro de Baroña está no concello de Porto do Son (A Coruña).
Foi construído no século I a.C. Está situado nun pequeno istmo. Conta cun foso defensivo de 4 m de ancho e 3 m de fondo.
A continuación hai unha muralla composta por 2 muros, entre os cales está unha estreita entrada facilmente defendible.
No interior obsérvanse unhas 20 vivendas circulares nas que non hai portas nin ventás.

O Castelo de Soutomaior é un castelo medieval do século XII. Alcanzou o seu máximo esplendor con Pedro Madruga.
Está na provincia de Pontevedra. O conxunto ocupa 25 hectáreas de terreo.
Ten un dobre perímetro amurallado. Quedou moi danado durante as Revoltas Irmandiñas (século XV).
Conserva a primitiva torre da homenaxe, que acada unha altura de 15 m en varias plantas, tendo algún dos seus muros un espesor de máis de 3 m e medio.

A Catedral de Santiago, comezouse a construír no ano 1075 no concello do mesmo nome.
Tralo descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago, edificouse no lugar unha igrexa, que máis tarde sería convertida en catedral.
Isto faría de Santiago o centro de peregrinación máis importante de toda Europa.
Destacan o Pórtico da Gloria (Mestre Mateo) e o gran incensario: "O botafumeiro", de metro e medio de altura e 62 kg de peso
Ten 5 torres. A basílica mide case 100 m de lonxitude. É Patrimonio da Humanidade.

O dolmen de Axeitos é un monumento funerario megalítico, levantado en época neolítica (IV milenio a.C.). Oito grandes laxes de granito fincadas na terra conforman unha planta poligonal sobre a que se apoia outra lousa horizontal de 4,5 por 3,5 m; aínda conserva dúas das laxas que conformarían o corredor de entrada.
Está na parroquia de Oleiros, no Concello de Ribeira.
Foi construído no entre o 4000 e o 3600 a.C.
Mide 1,80 m de alto.

A muralla de Lugo comezou a construirse probablemente contra o ano 260.
Ten forma de elipse imperfecta de 2.266 m de lonxitude. A súa altura varía entre os 8 e os 12 metros; o camiño sobre a muralla varía entre os 4, 5 e os 7 metros de largo.
Inicialmente tiña 5 portas de entrada á cidade (agora 10) e moitas torres das que só se conserva unha.
Servía para protexer a súa cidade. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo.
No ano 2000 foi declarada Patrimonio de Humanidade pola UNESCO.

A Ponte Romana ou Ponte Vella cruza o Río Miño na cidade de Ourense.
Foi construído no século 1d.C., formando parte da Vía Nova.
Conserva sete arcos dos once orixinais.
Está declarado monumento histórico e na actualidade é peonil.
Mide 370 m de longo, acadando unha altura máxima de 39 m. O arco central mide 43 metros, sendo ata o século XIX o máis amplo de España.
Contaba cunha torre defensiva ata o século XIX, que forma parte do escudo da cidade.

A Torre de Hércules foi construída como faro polos romanos entre os séculos I e II, sendo na actualidade o único faro de orixe romana en funcionamento.
Mide 68 metros de altura e 10 metros de ancho. Antigamente subíase por unha rampla exterior á actual torre. Os muros acadan un grosor de máis de 1,50 m.
A lenda conta que Hércules enterrou a cabeza do seu inimigo, o xigante Xerión, tras tres días de loita e sobre ela levantou a torre. No escudo da cidade da Coruña aparece a Torre de Hércules coa cabeza de Xerión debaixo dela.
É Patrimonio Humanidade. Atópase na Coruña.

O Pazo Torre de Xunqueiras está situado no Concello de A Pobra do Caramiñal.
É unha fortaleza do século XIII. Foi derruída polos Irmandiños no 1467.
Na actualidade consérvase a torre de homenaxe, que sufriu moitas e importantes modificacións e un pazo de estilo renacentista que se distribúe no seu interior por medio dun claustro.
É propiedade privada e, a pesares de estar declarado Ben de Interese Cultural.