







No xornal podemos
atopar máis seccións:
Televisión
O tempo
Pasatempos
Esquelas
Anuncios por palabras
Sociedade
Nun xornal traballan moitas persoas:
Xornalistas reporteiros: recollen a información no lugar onde se produce a noticia.
Xornalistas redactores: escriben as noticias desde as oficinas.
Fotógrafos: obteñen as fotos dos xornais.
Director: xornalista que coordina e dirixe a edición.
Consello de redacción: xunto co Director deciden que noticias máis poñer.
Infografistas: crean gráficos que fan máis comprensible a información.
Maquetistas: diseñan cada unha das páxinas.
Impresores: traballan nas rotativas, que é onde se imprimen os xornais.
E outros máis como administrativos, subalternos, comerciais...
Un periódico es un espazo totalmente xerarquizado, onde cada anaco dunha páxina ten o seu nivel de importancia.
O espazo mais importante é a portada. O seu contido decídese nunha reunión do director cos redactores xefes das seccións.
As páxinas mais importantes despois son as da dereita (impares); contratar publicidade nelas é mais caro que nas pares.
No resto de páxinas, é mais importante e cara a metade superior.
Isto débese á dirección lóxica de lectura: de esquerda a dereita e de arriba abaixo.
Outros elementos que marcan a importancia dunha noticia son: o número de columnas, o ancho das columnas, o tamaño de la letra...
