1
COMPRENSIÓN LECTORA
ANIMAIS MARIÑOS 3º CICLO

A anguía é de corpo alongado e cilíndrico e a femia mide ata 150 cm e o macho ata 50 cm, con escamas cubertas dunha substancia viscosa, aletas moi pequenas e unha aleta dorsal que se prolonga ata a cola.
Crese que se reproduce no Mar dos Sargazos. Os pais morren e as larvas, de menos de 1 cm de longo e soben á superficie, onde as correntes as arrastran cara terra, nunha migración que dura tres anos ata que se transforman en angulas. Entón entran na auga doce, onde viven ata que chega a época da desova . Aliméntase de larvas de insectos, crustáceos e peixes mortos.

A dourada é un peixe mariño semellante ó ollomol. Moi apreciado na cociña, hoxe procede en boa parte da acuicultura. Presenta unha banda dourada entre os ollos. Ten unha soa aleta dorsal e as pectorais son longas e acabadas en punta.
Son hermafroditas: son machos ao nacer ata que alcanzan aproximadamente os dous anos, e a partir dos tres anos convírtense en femias maduras. Os adultos acostuman a vivir en pequenos grupos en zonas profundas.
Aliméntase de peixes, crustáceos e moluscos que desenterran coa cola. En ocasións tamén come algas e plantas verdes mariñas.

O lumbrigante é un crustáceo mariño decápodo (cinco pares de patas) moi apreciado pola calidade da súa carne.
O primeiro par de patas é robusto, moito máis grandes cás outras, e remata nunha forte pinza.O tamaño medio do lumbrigante oscila entre os 35 e os 50 cm, chegando a tallas superiores
A femia garda os ovos pegados ó abdome durante 10-12 meses, ata que se produce a eclosión. Acadan a madurez ó cabo duns 4 anos, cuns 20 cm de lonxitude.
Aliméntase de noite, a base de moluscos, vermes e peixes mortos.Vive en augas pouco profundas, entre fondos rochosos de 2 a 40 m de profundidade. Captúrase con nasas.

A maragota vive en augas costeiras (ata uns 50 m de profundidade). Agóchase baixo algas ou en buratos. Nútrense principalmente de pequenos moluscos (mexillóns en especial) que trituran.
No momento do nacemento, a maragota é sempre unha femia : mudará ou non de sexo entre os 5 e os 14 anos. Presentan cor distinta nos machos e nas femias. Poñen os ovos nunha especie de niño, no medio das algas.
O corpo é avultado e está cuberto de escamas grandes e duras. Ten cabeza grande con labios protuberantes.

O arroaz é unha especie de golfiño que adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías.
Pode chegar a pesar 600 kg e medir 4 m, sendo os machos máis grandes e máis pesados que as femias. O corpo é robusto.
Os arroaces aliméntanse de diferentes especies de peixe e luras e algún crustáceo. Pode mergullarse buscando comida ata os 100 metros de profundidade. As inmersións adoitan durar entre 3 e 4 minutos.
O arroaz é un excelente nadador e gusta de saltar sobre as augas aproveitando o impulso das ondas.

O rapante ou meiga é un peixe aplanado de corpo moi alongado.
Mide uns 30 cm de lonxitude. Ten os ollos situados na parte esquerda, separados por unha crista ósea. As súas mandibulas teñen dentes moi pequenos e curvados.A boca é ancha e oblicua.
Vive moi próximo ao fondo, nos bancos areosos.


O xurelo é un peixe mariño fusiforme, algo comprimido. Pode chegar a medir 30 cm.
Aliméntase de crustáceos, cefalópodos e doutros peixes.
Reúnese en grandes bancos nas augas costeiras superficiais durante a época estival.
Está cuberto de pequenas escamas lisas.
As crías ao cabo dun ano miden sobre 12 cm.

Os peixes espada son grandes predadores, altamente migratorios, cun pico longo e aplanado. Poden chegar a medir máis de 4 m e pesar máis de 500 kg. Viven en augas temperadas.
As femias son máis grandes que os machos. Aliméntanse de peixes como o atún, barracuda ou calamares.
Son peixes homeotermos: teñen temperatura corporal superior á da auga (10-15º C). O quentamento dos ollos mellora a súa visión, permitíndolle atrapar mellor ás presas.

O santiaguiño é un crustáceo decápodo (10 patas) mariño, do grupo das lagostas. Recibe este nome porque as espiñas do caparazón fan unha forma parecida á Cruz de Santiago.
Mide entre 5 e 14 cm. Presenta cefalotórax e abdome.
Vive en zonas rochosas de ata 50 m de profundidade. Aliméntanse de pequenos peixes e larvas. Medra mudando o caparazón.
Captúrase con redes e nasas e ten un sabor exquisito.

A anémona de mar fíxanse ás rochas ou na area. Chegan a medir ata 7 centímetros de alto. Teñen o aspecto dunha planta. Coñécense máis de 800 especies distintas.
Teñen simetría radial.
Utilizan os tentáculos velenosos para capturar pequenos animais que nadan polas inmediacións.
Viven en zonas costeiras normalmente expostas a mareas baixas, pero son especialistas en sobrevivir fóra da auga.
Hainas no océano Atlántico e no mar Mediterráneo.

As esponxas son invertebrados acuáticos. Existen algunhas especies de esponxas de auga doce.
Son filtradores que viven no fondo do mar, entre dúas augas ou ancorados ó chan.
Teñen formas variadas. Teñen unha estrutura simple.
A súa parede corporal ten fibras elásticas e outras calcáreas. A rixidez desta parede corporal variará segundo haxa máis parte elástica ou calcárea.

A centola é un cangrexo (dez patas) de caparazón espiñento. É un dos mariscos máis sabrosos. Vive preto da costa en fondos rochosos ou areosos que estean poboados de algas. Necesita fondos nos que poida chegar a luz solar, circunstancia que se dá ata profundidades duns 50 metros.
Aliméntase de moluscos, algas e invertebrados mariños, podendo chegar a pesar ata 4 kg.
A centola galega é máis sabrosa que a francesa.

O congro é un peixe cun corpo forte, similar ao dunha serpe, cilíndrico, cunha apertura branquial que chega ata o ventre.
Carece de escamas e de aletas ventrais, mais si dispón de aletas pectorais. As aletas dorsal, caudal e anal reúnense formando unha crista cutánea que empeza xusto tras das aletas pectorais.
Son depredadores puros e aliméntanse principalmente de cefalópodos e pequenos crustáceos. Durante o día descansan en gretas rochosas e pola noite saen a cazar.

A Solla é un peixe plano ovalado asimétrico, moi habitual nos fondos areosos. Adoita medir de 20 a 30 cm de longa, podendo chegar aos 50 cm. É de cor grisácea e soe ter puntos de cor alaranxada. Ten unha cabeza grande e os ollos no lado dereito.
A solla é unha especie de augas salgadas pero que presentan unha amplia tolerancia as augas doces.

Os corais mariños son animais que viven en colonias formadas por miles de individuos que poden alcanzar grandes dimensións.
O coral mide uns milímetros de diámetro.
Ten unha estructura calcárea por fóra. Necesita augas transparentes.
Os corais son animales carnívoros. Aliméntanse de zooplancton.
Os pólipos do coral morren co tempo, pero as estructuras calcáreas mantéñense. Ao longo de millóns de anos forman grandes estructuras calcáreas coñecidas como arrecifes de coral.
O arrecife de maior lonxitude é a Gran Barreira de Arrecifes, en Australia: ten máis de 2.000 km². Os arrecifes albergan unha gran biodiversidade.

O rodaballo é un peixe plano sen escamas. O seu corpo é romboidal, casi circular, cos ollos no lado esquerdo, chegando a alcanzar o metro de lonxitude e 12 kg de peso. Os machos son máis pequenos que as femias.
Vive nos fondos mariños de area ou fango, onde se camuflan, ata os 100 m de profundidade. Aliméntanse fundamentalmente doutros peixes.
Cultívase en piscifactorías, sendo Galicia un gran produtor. A súa carne é compacta e branca.