Según as instruccións da Xunta de Galicia nos termos establecidos no artigo 15 do Decreto 132/2013, o pagamento mensual dos prezos públicos pola utilización do comedor escolar producirase de acordo coas seguintes pautas: Satisfarase entre o 1 e o 20 do mes seguinte ao da prestación do servizo de comedor escolar. As formas de pagamento serán as seguintes:
- Preferiblemente o pagamento realizarase a través do Espazo Abalar
- Pagamento nas entidades autorizadas pola Consellería de Facenda e Administración Pública (Bancos)
- Pagamento a través da Oficina Virtual Tributaria: as persoas interesadas poderán utilizar a oficina virtual tributaria: http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/confeccion-impresos para realizar os pagamentos de xeito telemático. As persoas que opten por esta vía deberán presentar no centro, nos 20 primeiros días de cada mes, os xustificantes de pagamento correspondentes
Fai Click na imaxe para acceder ao pdf coa explicación Para facer pago a través do espazo abalar

titorial_pago_comedor_abalar_0.pdf
(441.11 KB)
