Conclusións finais
Ó longo do noso percorrido no programa, ambos os centros fúmonos coñecendo, sendo conscientes de que partíamos de realidades moi distantes, non só xeograficamente, tamén no día a día das nosas escolas. Nese proceso démonos conta que coincidimos nunha aposta por avanzar nos estándares, fuxir do conformismo e provocar no noso alumnado o desexo de aprender. Na seguinte lista enumeramos expectativas, confluencias e diverxencias, impacto na práctica educativa e propostas para o futuro, tendo en conta que continuamos a aprender e a construír, e que só estamos no inicio dunha relación que agardamos sexa duradeira.
| Expectativas cumpridas | Puntos de confluencia e diverxencia |
Impacto na práctica educativa |
Futuras Colaboracións |
|---|---|---|---|
| -Ter a posibilidade de observar in situ un proxecto educativo, perfectamente deseñado e posto en marcha. Para nós isto é importante por encontrarnos actualmente nunha fase de elaboración do noso propio deseño. -Valoramos como moi positiva o traballo por proxectos, elaborando os seus propios materiais. |
-Somos dous centros especialmente preocupados por activar proxectos innovadores baseados no ensino activo, fora dos estándares acostumados. -Porén, o espazo físico de ambos centros diverxe totalmente. O Brea Segade é un centro antigo, con deficiencias estruturais, fronte a unha escola, a de Binéfar, de recente construción. En cambio, a escola de Taragoña está situada no medio dunha comunidade de montes onde abunda o bosque e unha vexetación coidada. O Katia Acín ten un perímetro de patio que precisa de máis zona cultivada. -Identidad. |
-Desde o CEP Brea Segade démonos conta da necesidade de elaborar un Proxecto Educativo de Centro que dea coherencia a todo o traballo desenvolvido nos últimos anos. O feito de que o equipo directivo fose nomeado pola administración, non axudou a que todo estea recollido nun documento de centro. Para o próximo curso, o noso obxectivo é dar os primeiros pasos cara a redacción dun Proxecto Educativo consensuado polo profesorado e que vertebre a docencia no noso centro. |
-Compartir a experiencia dos nosos proxectos máis innovadores. -Manter un contacto o suficientemente fluído para que ambos os centros coñezamos as nosas mutuas realidades e progresos. |
En conclusión, consideramos que a nosa participación no programa Observa_Acción foi moi positiva, xerando un impacto significativo entre o profesorado participante. Consecuentemente, recomendamos firmemente a participación no mesmo, xa que non hai nada mellor que aprender das compañeiras e compañeiros, nun clima seguro e participativo. Alén, evita estancarse e permite reciclarse, obríganos a reflexionar sobre a propia práctica docente, examinala dende diferentes puntos e enriquecela coas diversas achegas. Por último, xera cohesión grupal e ofrece novas oportunidades de traballar de forma colaborativa.
Como propostas de mellora, destacamos a necesidade de que todo o profesorado interesado poida viaxar para observar outros centros, así como a necesidade de que as estancias non teñan un tempo tan limitado.