A creación de menús en Drupal é relativamente complexa, posto que a "creación de menús" en si mesma é a creación de ligazóns "baleira" que se queremos que funcionen debemos ter creado antes unha taxonomías para obter eses destinos/ligazóns.

Un dos módulos que activamos con anterioridades danos a posibilidade de axilizar o tema para non ter que duplicar traballo.

Para a creación dun menú debemos dirixirnos, na web de Administración ao apartado "Construcción da páxina" e premer na opción Menús.

Nela teremos a posibilidade non só de ver e editar os menús existentes se non que tamén poderemos crear un novo:

creacion de menus


Coa creación deste menú a web non só creará a base dun menú tamén, e de xeito automático, creará un bloque contedor dese menú e que poderemos dispoñer en calquera dos paneis do tema.

A continuación procederemos a crear os diferentes ítems/ligazóns do menú e que se farán de distinto xeito dependendo da finalidade:

Ligazóns dirixidas a arquivos ou webs externas ou personalizadas: Para a creación dete tipo de elementos continuaremos en onde estamos, na creación de menú premendo na opción "Engadir elemento". Isto permitiranos crear ligazóns con destinos personalizados no cuadro nomeado como Ruta.

creación elementos de menú


Ligazóns dirixidas a taxonomías: Para a creación de ligazóns de menú que se dirixan a taxonomías é conveniente, unha vez creada a base do menú, dirixirse á edición de taxonomías e crear un vocabulario para ese menú.

crear taxonomía


Neste paso crearemos un vocabulario (taxonomía) vinculado ao menú, polo que os diferentes ítems/ligazóns do menú se irán creando de xeito máis ou menos automático.

Primeiro creamos o vocabulario seleccionando en que tipo de contido se amosará:

crear vocabulario


A continuación debemos non esquecernos de seleccionar o menú ao que o vinculamos e marcar as opcións de sincronización:

vincular vocabulario


A partir de aquí, todos os termos que vaiamos engadindo a este vocabulario irán aparecendo como opcións no menú.


Nota: cabe a posibilidade de que facendo todo ben o menú non funcione ou traballe de maneira axeitada, a única opción que atopei é borrar o feito e volver a empezar.


Última modificación: martes, 17 de xaneiro de 2023, 1:09 PM