Embedar un vídeo ou audio
Requisitos do completado
Abertas: sábado, 9 de marzo de 2024, 12:00 AM
Neste exercicio deberedes crear un artigo onde publiquedes, empregando a ferramenta HTML do editor, un vídeo ou un audio embedado mediante o código proporcionado pola páxina de orixe.
un vídeo de Youtube ou Vimeo.
Para isto deberedes, primeiro, atopar o vídeo ou o audio que queredes inserir. Podedes acceder a Youtube, Vimeo ou SoundCloud; localizar o vídeo/audio desexado e copiar o código de embedado (xeralmente obtense nun botón chamado "Compartir", "Insertar"...)
A continuación debedes crear un artigo e inserir ese vídeo desactivando o texto enriquecido (coa ferramenta HTML)
Non esquezades:
- Completar o título.
- Seleccionar os vocabularios de publicación desexados.
- Inserir un vídeo e/ou texto.
- Comprobar en "Opcións de publicación" que está marcada a casiña de verificación "Publicado" para que o artigo se publique.
- Comprobar que efectivamente se publicou o artigo accedendo a el mediante o menú correspondente.
IMPORTANTE: É moi importante copiar ese código no lugar axeitado para evitar erros de visionado.