Semana do 21 ao 25 de setembro
Venres, 25 de setembro de 2026
Castelán: Páxinas 12, 13exercicios do 2 ao 6 cos debuxos correspondentes ben coloreados. (20 min).
Matemáticas: Operacións básicas no caderno.
C da Natureza. Páxinas 16 e 17; facede o mapa mental dos cinco reinos (en folio). Recordade que no mapa mental o máis importante e facer debuxos que vos axuden a recordar as palabras clave. Os debuxos teñen que estar coloreados. (40 min). Páxina 18: Realizade o experimento dos mofos. O martes redactaremos na clase o informe correspondente.
Interdisciplinar: Gozade moito deste tempo de outono e, se vos cadra, traede á clase algunha folla ou froito deste tempo que atopedes no paseo.
Xoves, 24 de setembro de 2023
Matemáticas: Páxinas 10 e 11. Exercicios 5, 6, 7 e 8 (Non tendes que debuxar o mapa de España. Mañá dareivos unha copia para poñer no caderno). (30 min)
Galego: Páxinas 14 e 15, exercicios 3, 4, 5 e 6. Páxina 20, esquema. ( 15 min).
Interdisciplinar: Se queres presentarte para ser delegado ou delegada de curso tes que defender a túa candidatura preparando unha exposición oral de 1 min. Mañá escoitarémoste na clase.
Mércores, 23 de setembro de 2023. Inicio do outono
Matemáticas: Páxina 9, exercicios 6 e 7 (empregade os recortes dos gráficos que vos entreguei para pegalos no caderno). Páxina 10, exercicio 1 (apartado3), exercicios 3 e 4. (30 min)
Galego: Páxina 12, exercicios 3, 4 e 5. (20 min)
C da Natureza: Páxinas 14 e 15. Estudar os niveis de organización dos seres vivos. (10 min)
Martes, 22 de setembro de 2026
Matemáticas. Páxina 9, exercicio 5. (10 min)
Castelán. Páxina 14, exercicios do 1 ao 4. (20 min)
Galego. Páxina 12; copiade o recadro de acentuación (o parte inferior da páxina) e estudádeo ben, tendo en conta que aparecen aspectos que non vimos o ano pasado); exercicios 1 e 2. (20 min)
C da Natureza. Páxinas 12 e 13. Debuxo de distintos tipos de células animais e da célula vexetal; exercicio 8, que recollerá as tres diferenzas principais entre a célula animal e a célula vexetal. (10 min)
Luns, 21 de setembro de 2026
Matemáticas. Páxina 8, exercicios, 1,3 e 4.
Castelán. Páxina 14, exercicios do 1 ao 4 (orais). Estudar as clases de palabras.
C da Natureza. Páxina 11, copiado do debuxo da célula coas súas partes e os recadros; exercicios, 4, 5 e 6 no caderno.