Scaperoom Darwin
Proxecto interdisciplinario destinado ao alumnado de todo o colexio. Organizado polo titor de 6º E.P. e a mestra de Pedagoxía terapéutica, xunto co alumnado de 6º EP. No centro establécese como proxecto anual "A evolución das especies", que parte do equipo de biblioteca e do equipo de normalización lingüística. O obxectivo é dar a coñecer a Darwin participando nun escaperoom. O alumnado de 6º busca e selecciona na rede e nas exposicións previas realizadas na aula a información que quere transmitir ó resto de alumnado acerca do personaxe. Seleccionarán as actividades que ofrecerán ó alumnado no scape room e as ferramentas a empregar (uso de app como por exemplo "wallame" ; preguntas interactivas, construcción de puzzles, emprego código qr...) Con este proxecto preténdese fomentar a convivencia ó mesmo tempo que se adquiren novas aprendizaxes mediante a posta en práctica de metodoloxías proactivas, inclusivas e cooperativas que fomenten a participación de todo o alumnado do centro.
- 13 de xaneiro de 2024, 11:56 AM