Traballos
Os mofos.
Data de entrega: 1 de outubro
Cultiva e estuda mofos. (Páxina 18). Redacta nun informe (folio con plantilla) o que fixeches para cultivar mofos e o que observaches día a día, incorporando os teus debuxos ou fotografías.
Os cinco reinos
Data de entrega: 15 de novembro
Redacta un informe cun mínimo de 14 páxinas e a seguinte estrutura:
- Páxina 1: Portada co título (Os cinco Reinos) e o autor/autora
- Páxina 2: Índice
- Páxinas da 3 á 12
- Reino das bacterias
- Reino dos protistas e algas
- Reino dos fungos
- Reino das plantas
- Reino dos animais
- Páxina 13: Valoración final (Que aprendín, que foi o que máis me gustou do tema, que quero aprender ...)
- Páxina 14: Bibliografía