
Conto vai, conto vén é unha actividade de colaboración entre a nosa Biblioteca e Down Pontevedra Xuntos que se enmarca no programa BIBLIOTECAS SOLIDARIAS.
Os contos van e veñen entre os nenos e nenas do Magariños e os nenos e nenas da Asociación Down. Eles len para nós. Nós lemos para eles. E así CONTO VAI, CONTO VÉN, aprendemos uns cos outros nunha comunidade solidaria, aberta e inclusiva.