Guía para usuarios da Web do centro (Drupal usuarios)
Requisitos do completado
Guía en formato imprimible para os usuarios editores da web do centro, dentro do proxecto websdinámicas.
Drupal 5.x, usuarios
Drupal 5.x, usuarios
![]() Proxecto Webs Dinámicas por Consellería de Educación e O. U. - Xunta de Galicia, 2009 está licenciado baixo unha Licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza 3.0 España License. Permisos máis alá do alcance desta licenza poden estar dispoñibles en http://centros.edu.xunta.es/websdinamicas/?q=node/562. |
7. Multimedia
7.4. Exemplo de Inserir un arquivo de Vídeo
Para este exemplo imos a aproveitar o mesmo vídeo que se empregou no exemplo de video embebido de Youtube.
Descargamos o vídeo ao ordenador empregando o plugin Video DownloadHelper do navegador Firefox (como se comenta no punto Inserir vídeo deste módulo).
Unha vez que teñamos o vídeo descargado en formato FLV crearemos un contido novo de tipo Páxina

No Corpo podemos incluír unha descrición sobre o vídeo que imos a xuntar.
Finalmente, na sección de Ficheiros adxuntos é onde xuntaremos o arquivo de vídeo FLV desexado, a través do botón Examinar e premendo sobre o botón Adxuntar.

Cando xa teñamos o vídeo subido, prememos sobre o botón Enviar para publicar o novo contido.
Exemplo: http://www.edu.xunta.gal/centros/curso52/?q=node/274
