Curso: Ciencias Sociais | AV Xulio Camba

  • 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
    • A Prehistoria esténdense desde a aparición dos primeiros seres humanos hai uns 5 millóns de anos ata o descubrimento da escritura, hai 5.000 anos. Divídese en tres etapas:

      • Paleolítico
      • Neolítico
      • Idade dos Metais

    • O PALEOLÍTICO

      Desde a aparición dos primeiros seres humanos ata o descubrimento da agricultura e a gandaría.

    • O NEOLÍTICO

      Desde o descubrimento da gandaría e a agricultura ata a aparición das primeiras ferramentas de metal.

    • A IDADE DOS METAIS

      Desde a aparición das primeiras ferramentas ata o descubrimento da escritura.

    • XOGOS DA PREHISTORIA

    • PARA AMPLIAR...

      A Cova de Altamira

      Durante o Paleolítico os homes e mulleres facían pinturas nas covas para representar animais, escenas de caza...

      En España, as pinturas máis famosas e mellor conservadas atópanse na Cova de Altamira, en Santillana del Mar (Cantabria), declarada Patrimonio Mundial da Humanidade. Se pinchades na imaxe seguinte poderedes acceder á súa web, onde podedes ler sobre a súa historia e facer un percorrido virtual polo seu interior. Animádesvos a investigala?

      DÓLMENES E MENHIRES

      Unha das construcións máis famosas desta etapa, son os dólmenes e menhires, monumentos de pedra relacionados con ritos funerarios. 

      Queredes saber como os construían? Tédelo neste vídeo:

      En Galicia aínda se conservan moitos, agochados nos nosos montes. Na páxina que atoparedes clicando na imaxe, podedes coñecer os máis importantes.

      Nesta web tamén tedes información sobre outra mostra de arte rupestre: os petroglifos, dos que tamén temos importantes exemplos en Galicia:

      E nesta outra, unha ruta polos petroglifos da nosa provincia, por se vos animades a facer unha ruta a través da Prehistoria:

    • "Érase unha vez o home"

      Para que vexades que aprender tamén é divertido, aquí tedes os primeiros capítulos desta coñecida serie de debuxos, que tratan sobre a Prehistoria.