Os moluscos son o grupo de animais invertebrados máis numeroso despois dos artrópodos.
Características xerais
Os moluscos teñen as seguintes características xerais:
- Teñen un corpo brando e musculoso.
- Poden ter unha cuncha externa, coma os caracois; cuncha interna, coma as luras; ou non posuír, coma as lesmas.
- A maioría son acuáticos, aínda que hai algúns terrestres coma as lesmas e os caracois.
- Dentro dos moluscos inclúense especies comestibles, coma as ameixas ou as luras.
Os moluscos divídense en tres grupos principais: bivalvos, cefalópodos e gasterópodos.