As lesmas, os caracois ou as lapas son gasterópodos. As características xerais dos gasterópodos son:
- A maioría son mariños, aínda que algúns son terrestres.
- Teñen unha cabeza ben diferenciada.
- Os gasterópodos acuáticos respiran por branquias, os terrestres por pulmóns.
- Os seus ollos localízanse en tentáculos, que se poden retraer ante o perigo.
- Moitos gasterópodos teñen unha cuncha externa formada por unha soa peza, normalmente con forma de espiral. Nalgúns casos, as cunchas non teñen esta forma, coma a das lapas. Tamén hai gasterópodos sen cuncha, coma as lesmas.
