CELENTÉREOS

Medusas, anémonas e corais

Aínda que as medusas, as anémonas e os corais presentan formas moi diferentes, teñen en común as seguintes características:

  • Teñen o corpo en forma de bolsa, cun só orificio que está rodeado por tentáculos.
  • O corpo é brando. Só algúns corais teñen unha coiraza dura.
  • Posúen simetría radial.
  • A maioría son mariños e viven en mares cálidos.
  • Viven fixados ao substrato, agás as medusas, que poden nadar.
  • Son carnívoros. Aliméntanse de animais que cazan cos seus tentáculos.

Anémona

 Equinodermos

As estrelas e os ourizos de mar son equinodermos. Estas son as súas características:

  • Son mariños.
  • Teñen simetría radial.
  • Posúen unha protección formada por pezas duras situadas debaixo da pel.
  • Os ourizos, ademais de protección interna, teñen pugas.
  • Pódense desprazar moi lentamente polo fondo do mar.

Poríferos

As esponxas son poríferos. Son animais moi sinxelos e estas son as súas características:

  • O seu corpo ten formas irregulares e non presenta ningún tipo de simetría.
  • Teñen o corpo cheo de poros.
  • Aliméntanse das substancias que filtran da auga a través dos seus poros.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0