Os polbos, as luras e os nautilos son exemplos de cefalópodos. Neste grupo inclúese o animal invertebrado máis grande coñecido, a lura xigante. As características xerais dos cefalópodos son:
- Todos son mariños.
- Ningún cefalópodo ten cuncha externa, agás o nautilo. Algúns, como a xiba, teñen unha cuncha interna.
- Teñen unha coroa de tentáculos xunto á cabeza. Os polbos, por exemplo, teñen oito tentáculos.
- Respiran por branquias.
- Teñen un cerebro moi desenvolvido.
- Algúns cefalópodos poden segregar unha tinta negra para agocharse.
