Nos animais podemos encontrar:
Tecido óseo: ten función de sostemento e forma os ósos.
Tecido muscular: a función é o movemento e forma os músculos.
Tecido sanguíneo; encárgase do transporte das substancias e está formado por células sanguíneas.
Tecido adiposo: ten a función de reserva enerxética porque acumula graxas.
Tecido nervioso: serve para enviar e recibir información e está formado por neuronas.
Tecido epitelial: recobre o corpo protexéndoo e formando a pel.