A célula
As células son as unidades máis pequenas que forman os seres vivos e que realizan as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.
As células son as unidades máis pequenas que forman os seres vivos e que realizan as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.
Nutrición: As células toman substancias do exterior para conseguir materiais e enerxía.
Relación: As células reciben a información do medio que as rodea e poden reaccionar ante ela.
Reprodución: As células divídense e orixinan outras células fillas.
As células son moi pequenas, pero teñen distintos tamaños e formas.
As células so poden verse cun microscopio.
O microscopio é un instrumento óptico que permite ampliar moito a imaxe de obxectos moi pequenos, como un grupo de células; para iso debe facerse unha preparación microscópica.
As células están formadas pola membrana, o citoplasma, o núcleo e os orgánulos.
A membrana é unha cuberta que rodea a célula e que a separa do exterior.
O citoplasma constitúe a maior parte da célula. Está formado por auga con numerosas substancias disoltas.
O núcleo é a parte que controla o correcto funcionamento da célula.
Os orgánulos están no citoplasma.
Tanto as células dos animais coma as das plantas posúen membrana, núcleo, citoplasma e orgánulos.
As células vexetais posúen unha parede ríxida por fóra da membrana.
As células vexetais posúen cloroplastos, uns orgánulos de cor verde en que se realiza a fotosíntese.
A forma e o tamaño son diferentes.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0