O comercio en Europa e España
O comercio
O comercio é o servizo a través do cal os produtos que se obteñen nos sectores primario e secundario se ofrecen e son adquiridos polos consumidores a cambio de diñeiro.
Tipos de comercio
O comercio pódese realizar entre distintos países ou dentro dun mesmo país.
O comercio exterior é o que se realiza entre países.
Exportar é vender un produto.
Importar é vender un produto.
O comercio interior é o que se realiza dentro dun mesmo país.
O comercio polo miúdo é o que vende directamente aos consumidores en cantidades normalmente pequenas.
O comercio almacenista compra grandes cantidades de mercadorías aos produtores e véndeas aos comercios polo miúdo.
O comercio en Europa
Europa é o continente en que se establecen máis intercambios comerciais do mundo.
Os países europeos exportan produtos químicos, material relacionado co transporte, material tecnolóxico ...
Os países europeos importan petróleo e materias primas.
O comercio en España
En España, o comercio é a actividade do sector terciario que proporciona máis empregos.
España exporta alimentos e bebidas, calzado e vehículos.
España importa vehículos; petróleo e o gas; produtos farmacéuticos...