A poboación de Europa e España
Europa é un continente moi poboado. Viven uns 700 millóns de habitantes e a súa densidade de poboación é de 70 hab./km2.
En España viven uns 47 millóns de habitantes e a súa densidade é de 93 hab./km2.
Características da poboación
A principal característica da poboación europea é o envellecemento dos seus habitantes.
As causas do envellecemento da poboación son:
- A baixa natalidade.
- A alta esperanza de vida.
Distribución da poboación
- A maior parte da poboación é urbana.
- A poboación distribúese de forma irregular polo territorio.
a) Europa:
- Zonas cunha densidade de poboación moi elevada: Encóntranse fundamentalmente no centro de Europa.
- Zonas cunha densidade de poboación moi baixa: Encóntranse no norte de Europa.
b) España:
- As zonas con maiores densidades de poboación sitúanse na costa, na Comunidade de Madrid, nas illas e nas capitais de provincia.
- No interior localízanse as zonas con menores densidades, como as provincias de Soria e Teruel.
As migracións
Que é a migración?
A migración é o desprazamento dunha poboación que se produce desde un lugar de orixe a outro destino e leva consigo un cambio da residencia habitual.
Cales son os tipos de migración?
Se hai cruzamento de fronteiras entre dous países, a migración denomínase externa ou internacional e interna ou nacional en caso contrario. As migracións poden considerarse como emigración desde o punto de vista do lugar de saída e como inmigración no lugar de chegada.
Cales son os principais efectos das inmigracións?
- Crecemento da poboación.
- Crecemento da poboación activa.
- Multiculturalidade.