A circulación do sangue
A circulación do sangue
A circulación sanguínea é o percorrido que realiza o sangue impulsado polos movementos do corazón dentro do circuíto pechado formado polos vasos sanguíneos.
A circulación pulmonar é o percorrido que segue o sangue entre o corazón e os pulmóns.
Nos pulmóns prodúcese o intercambio de gases.
A circulación xeral é o percorrido que fai o sangue por todo o corpo excepto polos pulmóns.
O sangue leva o osíxeno ás células e recolle o dióxido de carbono que forman.
A circulación sanguínea
Estudo de caso
Debes completar as frases coas palabras axeitadas.
Responde na túa libreta. Debes escribir as frases enteiras engadíndolle as palabras que faltan.
Fíxate ben na información que tes nesta páxina explicando os tipos de circulación.
Entre o corazón e os pulmóns, o sangue segue un circuíto denominado ...
O percorrido que realiza o sangue por todo o corpo, excepto polos pulmóns, constitúe a ...
O percorrido que realiza o sangue impulsado polos movementos do corazón dentro do circuíto pechado formado polos vasos sanguíneos é a...
El aparato circultario: Resumen y actividades
Lee la información y responde a las preguntas en tu libreta.