A área Valores sociais e cívicos axuda, en gran medida, a garantir o dereito universal dos nenos e das nenas a recibir unha educación que lles permita desenvolverse plenamente nas súas posibilidades, formarse no respecto dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais e prepararse para asumir unha vida responsable nunha sociedade libre e tolerante coas diferenzas.
Así mesmo, reforza a preparación das persoas para actuar como cidadanía participativa e implicada na mellora da cohesión, a defensa e o desenvolvemento da sociedade democrática. Esta formación inclúe a adquisición de competencias sociais e cívicas –persoais, interpersoais e interculturais– para participar dunha maneira eficaz e construtiva en sociedades cada vez máis diversificadas.
Estructúrase nos seguintes bloques:
BLOQUE 1. A IDENTIDADE E A DIGNIDADE DA PERSOA
BLOQUE 2. A COMPRENSIÓN E O RESPECTO NAS RELACIÓNS
INTERPERSOAIS
BLOQUE 3. A CONVIVENCIA E OS VALORES SOCIAIS
- Profesor/a: Alexandra Sieiro Rodal