A área de Ciencias sociais ten como obxecto contribuír ao desenvolvemento persoal e social do alumnado, achegándolle os recursos necesarios para integrarse e participar de forma activa na sociedade na que vive, partindo da comprensión da realidade física, social e histórica máis próxima ata poder comprender o mundo dun xeito máis global.
Organízase en 4 bloques cuxos contidos serán abordados dun xeito global e interdisciplinar.
Bloque 1, establece os contidos comúns da área.
Bloque 2, O mundo no que vivimos.
Bloque
3, Vivir en sociedade.
Bloque
4, As pegadas do tempo.
- Profesor/a: Alexandra Sieiro Rodal