Na área de Ciencias da natureza preténdese que os alumnos e as alumnas desenvolvan as súas habilidades cognitivas de observar, comparar, ordenar, clasificar, inferir, transferir, representar, avaliar...

Todos os aspectos da área de Ciencias da natureza son concibidos como ámbitos de aprendizaxe desde os cales se pode facer fincapé na comprensión da realidade e no desenvolvemento de actitudes críticas. 

Os contidos desta área están organizados en 5 bloques:

O bloque 1: Iniciación á actividade científica.

O bloque 2: O ser humano e a saúde.

O bloque 3: Os seres vivos.

O bloque 4: Materia e enerxía.

O bloque 5: A tecnoloxía, aparellos e máquinas