A lingua é un instrumento empregado constante e necesariamente na vida diaria tanto para entender como para producir mensaxes, nos intercambios comunicativos orais e escritos. Interactúase coa familia, coas amizades e con outras persoas (ámbito profesional) nas conversas diarias ou a través de cartas, correos electrónicos, mensaxes curtas, blogs...
Polo tanto, ter unha alta competencia lingüística e comunicativa permite que as persoas desenvolvan unha vida normal, que poidan interactuar con aqueloutras que pertencen ao seu contorno e que están próximas e tamén coas que están moi lonxe.
O currículo para a área de Lingua galega e literatura ten unha estrutura similar nos 6 cursos da educación primaria. Os contidos aparecen repartidos en bloques, o que non presupón que a actividade docente se deba corresponder a esta ordenación; ao contrario, débense producir múltiples conexións entre todos eles.
O bloque 1, Comunicación
Oral: falar e escoitar.
O bloque 2, Comunicación escrita: ler.
O bloque 3, Comunicación escrita: escribir.
O
bloque 4, Coñecemento da lingua.
O bloque 5, Educación literaria.
- Profesor/a: Alexandra Sieiro Rodal