O ensino da área de Lingua castelá e literatura ao longo da educación primaria ten como obxectivo o desenvolvemento da competencia comunicativa lingüística do alumnado. Esta debe achegar durante toda a etapa as ferramentas e os coñecementos necesarios para que os nenos e as nenas poidan desenvolverse satisfactoriamente nos ámbitos privado e público, relacionados coas interaccións individuais e sociais cotiás propias da súa idade.

A lingua apréndese, non para falar, ler ou escribir sobre a lingua, senón para falar, ler e escribir sobre emocións, afectos, aventuras, sobre o mundo. Ademais, a lingua é o medio das relacións interpersoais e a porta de acceso ao coñecemento.

Estructúrase en 5 bloques:

Bloque 1 Comunicación oral: escoitar e falar.

Bloques 2 e 3 Comunicación escrita: ler e escribir.

Bloque 4 Coñecemento da lingua.

Bloque 5 Educación Literaria.