O ensino da área de Lingua castelá e literatura ao longo da educación primaria ten como obxectivo o desenvolvemento da competencia comunicativa lingüística do alumnado. Esta debe achegar durante toda a etapa as ferramentas e os coñecementos necesarios para que os nenos e as nenas poidan desenvolverse satisfactoriamente nos ámbitos privado e público, relacionados coas interaccións individuais e sociais cotiás propias da súa idade.

A lingua apréndese, non para falar, ler ou escribir sobre a lingua, senón para falar, ler e escribir sobre emocións, afectos, aventuras, sobre o mundo. Ademais, a lingua é o medio das relacións interpersoais e a porta de acceso ao coñecemento.

Estructúrase en 5 bloques:

Bloque 1 Comunicación oral: escoitar e falar.

Bloques 2 e 3 Comunicación escrita: ler e escribir.

Bloque 4 Coñecemento da lingua.

Bloque 5 Educación Literaria.


A lingua é un instrumento empregado constante e necesariamente na vida diaria tanto para entender como para producir mensaxes, nos intercambios comunicativos orais e escritos. Interactúase coa familia, coas amizades e con outras persoas (ámbito profesional) nas conversas diarias ou a través de cartas, correos electrónicos, mensaxes curtas, blogs...

Polo tanto, ter unha alta competencia lingüística e comunicativa permite que as persoas desenvolvan unha vida normal, que poidan interactuar con aqueloutras que pertencen ao seu contorno e que están próximas e tamén coas que están moi lonxe.

O currículo para a área de Lingua galega e literatura ten unha estrutura similar nos 6 cursos da educación primaria. Os contidos aparecen repartidos en bloques, o que non presupón que a actividade docente se deba corresponder a esta ordenación; ao contrario, débense producir múltiples conexións entre todos eles.

O bloque 1, Comunicación Oral: falar e escoitar.

O bloque 2, Comunicación escrita: ler.

O bloque 3, Comunicación escrita: escribir.

O bloque 4, Coñecemento da lingua.

O bloque 5, Educación literaria.


Na área de Ciencias da natureza preténdese que os alumnos e as alumnas desenvolvan as súas habilidades cognitivas de observar, comparar, ordenar, clasificar, inferir, transferir, representar, avaliar...

Todos os aspectos da área de Ciencias da natureza son concibidos como ámbitos de aprendizaxe desde os cales se pode facer fincapé na comprensión da realidade e no desenvolvemento de actitudes críticas. 

Os contidos desta área están organizados en 5 bloques:

O bloque 1: Iniciación á actividade científica.

O bloque 2: O ser humano e a saúde.

O bloque 3: Os seres vivos.

O bloque 4: Materia e enerxía.

O bloque 5: A tecnoloxía, aparellos e máquinas

A área de Ciencias sociais ten como obxecto contribuír ao desenvolvemento persoal e social do alumnado, achegándolle os recursos necesarios para integrarse e participar de forma activa na sociedade na que vive, partindo da comprensión da realidade física, social e histórica máis próxima ata poder comprender o mundo dun xeito máis global.

Organízase en 4 bloques cuxos  contidos serán abordados dun xeito global e interdisciplinar.

Bloque 1, establece os contidos comúns da área.

Bloque 2, O mundo no que vivimos.

Bloque 3, Vivir en sociedade.

Bloque 4, As pegadas do tempo.



As matemáticas son un conxunto de saberes asociados aos números e ás formas, que permiten a análise de distintas situacións reais. Identifícanse coa dedución, a indución, a estimación, a aproximación, a probabilidade, a precisión, o rigor, a seguridade etc. e axúdannos a enfrontarnos a situacións abertas, sen solución única e pechada.

O traballo nesta área na educación primaria estará asentado na experiencia, as matemáticas apréndense utilizándoas en contextos funcionais relacionados con situacións da vida cotiá, para ir adquirindo progresivamente coñecementos máis complexos a partir das experiencias e dos coñecementos previos.

Esta área estructúrase en 5 bloques:

BLOQUE 1. PROCESOS, MÉTODOS E ACTITUDES EN MATEMÁTICAS

BLOQUE 2. NÚMEROS

BLOQUE 3. MEDIDA

BLOQUE 4. XEOMETRÍA

BLOQUE 5. ESTATÍSTICA E PROBABILIDADE

A área Valores sociais e cívicos axuda, en gran medida, a garantir o dereito universal dos nenos e das nenas a recibir unha educación que lles permita desenvolverse plenamente nas súas posibilidades, formarse no respecto dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais e prepararse para asumir unha vida responsable nunha sociedade libre e tolerante coas diferenzas.

Así mesmo, reforza a preparación das persoas para actuar como cidadanía participativa e implicada na mellora da cohesión, a defensa e o desenvolvemento da sociedade democrática. Esta formación inclúe a adquisición de competencias sociais e cívicas persoais, interpersoais e interculturaispara participar dunha maneira eficaz e construtiva en sociedades cada vez máis diversificadas.

Estructúrase nos seguintes bloques:

BLOQUE 1. A IDENTIDADE E A DIGNIDADE DA PERSOA

BLOQUE 2. A COMPRENSIÓN E O RESPECTO NAS RELACIÓNS INTERPERSOAIS

BLOQUE 3. A CONVIVENCIA E OS VALORES SOCIAIS