Esta é a partitura:

Proba a tocala con instrumentos de lámina

https://www.notasdeflauta.com/canciones/jingle-bells-flauta/

Letra: 

O Nadal, o Nadal

Chega o Nadal

A alegría deste día

hai que festexar EI!x2

Xa estamos no Nadal

A familia leda está

Celebrando a Noiteboa

Todos xuntos no fogar x2

 

 Retrouso

Os camelos dos Reis Magos

Ao chegaren a Galicia

Como non viron deserto

Escacharon coa risa  x2

Retrouso

Melchor ven tocando a gaita,

Baltasar o tamboril

E Gaspar que non é músico,

Alumea cun candil x2

 

O Nadal, o Nadal

Chega o Nadal

A alegría deste día 

hai que festexar Ei! x2

 

TAREFA:

ACTUALICEMOS A PANXOLIÑA AOS TEMPOS ACTUAIS:

INVENTA 1 ESTROFA ADAPTADA Á SITUACIÓN COVID

Estrofa de Luís:

Xa está o neno no Portal

Os Reis veñen visitalo

pero non poden entrar

hai aforo limitado

Estrofa de Delia

Neste, Nadal tan raro

pasarémolo xenial

e a pesar de todo

será moi especial.

Estrofa de Rubén

Papa Noel tivo un problema,

ao saír do Polo Norte

paroulle a policía:

- PCR e pasaporte

Retrouso de Aus

Un Nadal, Un Nadal

un chisco especial:

este ano toca dar

apertas virtuais.

Estrofa de David G.

O Nadal hai que celebrar

dun xeito moi especial,

Recorda que a máscara

non a vas poder quitar!

Última modificación: mércores, 16 de decembro de 2020, 4:39 PM