Aprende a letra da canción e os pasos do baile

Magosto, festa tradicional,
xa estamos no outono
queremos troulear.


O soutos cargadiños están,
de ourizos con castañas
imolos varear.


Enchemos os cestos de castañas,
coidado cos ourizos
podémonos pinchar.


Xa temos castañas dabondo,
será unha boa festa
Magosto popular.


Os maiores con coitelos e navallas
xa pican as castañas
non poden estourar, chis pum!


Enchen o tambor de castañas
preparan leña seca
o lume quenta xa.


     

Vive o Magosto, víveo xa!
vive o Magosto ei ei!
Vive o Magosto víveo xa!

Un, dous tres,chouta! (x3)

Recurso:

Ceip Antonio Fernández López

Tamén, facemos uns petiscos
asamos uns chourizos 
que sabrosos están!

O pan de trigo ou de centeo,
de doce temos queixo 
comemos con marmelo. 

Vive o Magosto, víveo xa!
....

Magosto, festa tradicional
os nosos gaiteiriños
afinando están.


Cantamos, bailamos sen parar,
tamén regueifeamos
da risa imos chorar.


Os peques, collemos os tizóns
agora que están fríos 
e manchan un montón.


Xogamos a poñernos negriños 
como uns carbonciños,
festa tradicional.

Vive o Magosto, víveo xa!
....

Última modificación: martes, 3 de novembro de 2020, 4:40 PM