A célula
A célula, que é?
A teoría celular sostén que todos os seres vivos están formados por células. Baséase en tres ideas fundamentais:
- Todos os seres vivos, sen excepcións, están formados por células.
- A célula pode realizar as tres funcións vitais: función de nutrición, función de relación e función de reprodución.
- Todas as células fórmanse a partir da división doutras células iguais a elas.
As partes da célula
Todas as células teñen unha estrutura na que se poden distinguir:
- Membrana plasmática. É unha envoltura que rodea á célula.
- Citoplasma. É unha substancia xelatinosa que contén os orgánulos que realizan diferentes funcións.
- Orgánulos. Son os encargados de realizar funcións específicas.
Tipos de células
-Células eucariotas
Ademais da membrana plasmática, o citoplasma e os orgánulos posúen un núcleo ben definido. O núcleo encóntrase no interior da célula separado por unha membrana. É o encargado de controlar o funcionamento celular.
As células eucariotas están presentes en seres vivos como os animais, as plantas, os fungos ou as algas.
A célula animal: está formada pola membrana plasmática, o citoplasma, os orgánulos e o núcleo.
A célula vexetal: Está formada pola membrana plasmática, o citoplasma, os orgánulos e o núcleo. Ademais posúen unha parede celular que rodea á membrana plasmática. A parede celular protexe a célula do exterior e dálle rixidez.
-Células procariotas
As células procariotas non teñen núcleo definido e posúen menos orgánulos.
As bacterias son seres vivos que están formadas por células de tipo procariota.
Recursos E-Dixgal. Curso Netex-Smart