Unha noite máxica na que sucede algo inesperado e diferente. Escoitade, escoitade

PANXOLIÑA UNHA CARTA MÁXICA (Requetecorcheas)

COPLA

Moi preocupado se levantou Gaspar,

E corre que te corre chamou por Baltasar 

xuntos amodiño foron a habitación...

e dun susto espertaron a Melchor.

Vimos de encontrar unha carta especial,

unha carta distinta a todas as demais,

 non pide xoguetes nin nada para el...

Le tranquilo vaite a sorprender.

“A miña nai di que teño que escribir

unha carta para os reis  e, non sei que pedir.

Ela di que sodes Magos de verda aad

así que MAXIA pedirei polo Nadal” (4 COMPASES)

RETROUSO

MAXIA para coidar dos meus maiores

MAXIA para querer aos meus pais/NAIS

MAXIA para pasar das pelexas

E Que viva o Nadal!

MAXIA para  acabar cos problemas,

MAXIA para aprender a compartir.

MAXIA para que nestas navidades 

TI sexas moi feliz  (bis)

 

  

Última modificación: mércores, 18 de decembro de 2024, 6:11 PM