MUIÑEIRA SINXELA

Aprende os pasos básicos do baile: o paseo, o picado, os puntos e os movementos no espazo.

Escoita e baila esta muiñeira


Tanto Nos Ten Música Tradicional Furtiva

Muiñeira dos Armadazas

Paseo lateral e punto 1  (tacón punta tacón)

1) Baila nena, baila nena e non pares de bailar.

As estrelas tamén bailan sen deixar de alumear.

Sen deixar de alumear. x2

Baila nena, baila nena e non pares de bailar!

Paseo adiante-atrás e punto 2 (cruzo e descruzo1,2,3)

2) Eses que andan no baile, mira ti que bailan ben,

El parece un cu dun pote, ela rabo de sartén.

Ela rabo de sartén.x2

Eses que andan no baile, mira ti que bailan ben!

Xira arredor da parella 1 e 3  e punto 3 (punta, patada, 123)

3) Toca  pandeireta toca, se non heite de rachar

Que me custache-los cartos, axúdamos a gañar!

Axúdamos a ghañar. x2

Toca  pandeireta toca, se non, heite de rachar.

Xira arredor da parella 2 e 4  e punto 4 (pico dta,esda, dta)

4) Tes un corpiño gaiteiro e un andar acordeón;

Non sexas mala, meniña, deixa que baile ese son.

Deixa que baile ese son!x2

Tes un corpiño gaiteiro e un andar acordeón.

Xiran as dúas parellas enfrontadas e punto 5 (punta, punta, punta xirando)

5) Aí vos vai a despedida e non é para rematar,

É para darlle a pandeireta a quen a saiba tocar.

A quen a saiba tocar.x2

Aí vos vai a despedida e non é para rematar.

Roda dando palmas e filas despedida

Última modificación: venres, 7 de abril de 2023, 12:52 PM