AS VOCES HUMANAS:

Voces de muller e nenos/as

AGUDA = SOPRANO - > Identificámola cun fragmento da ópera A frauta máxica de W. A. Mozart (1756-1791). A aria Der holle rache de A raíña da noite

MEDIA = MEZZOSOPRANO Ave María de Schubert

GRAVE = CONTRALTO -> Identificámola nun fragmento do Mesías de G.F. Haendel (1865-1759) da aria Oh thou that tellest

Voces de home:

AGUDA = TENOR -> Identifícamolo nun fragmento da ópera Rigoletto de G. Verdi (1813-1901) La dona é mobile

MEDIA = BARÍTONO

GRAVE = BAIXO -> Identifícamolo nun fragmento do Mesías, a aria Whi do teh nations!

 

CANCIÓN ACUMULATIVA A MORA NA SILVA

Estando a mora no seu lugar chegou a mosca para a papar

A mosca na mora, a mora na silva e a silva no chan que de todo ten man

Estando a mosca no seu lugar, chegou a pita para a papar

A pita na mosca, mosca na mora, a mora na silva e a silva no chan que de todo ten man

Estando a pita no seu lugar, chegou a raposa para a papar

A raposa na pita, a pita na mosca, mosca na mora, a mora na silva e a silva no chan que de todo ten man

…. lobo, pau, lume, auga

Última modificación: martes, 4 de abril de 2023, 11:44 AM