As coplas dos Maios, son composicións poéticas con estrofas de catro versos de seis sílabas nas que riman os versos pares .

Levántate Maio

que tanto durmiches,

Pasou o inverno

e non o sentiches!

-Pódense cantar  a capella - Por unha ou varias voces sen acompañamento instrumental

-Pódese cantar  acompañadas de diversos instrumentos. Nos últimos anos poden verse cantos de coplas acompañados por diversos instrumentos. 

- Teñen ritmo cuaternario (compás de 4/4)  - 4 pulsos

Este pentagrama corresponde a unha estrofa da copla e cada compás correspóndese con cadanseu verso.

CANTIGA DOS MAIOS

coplas maios

Nun compás de catro por catro (4/4), o pulso natural é de negra.  Se nos marcan a velocidade do pulso do metrónomo a 80, entenderemos que faremos 80 NEGRAS por minuto.

Proba a tocar a ase instrumental coa frauta ou con instrumentos de lámina.

Inventa unha letra para a estrofa da copla

Última modificación: domingo, 4 de abril de 2021, 5:35 PM