Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

L

Laranxeira

Nome científico: Citrus x sinensis.                                                   

Familia: Rutáceas.

Hábitat: É orixinario  da China, traido a occidente polos árabes.

Aparece en: Climas temperados e cálidos, e en España cultívase sobre todo na zona do Levante.

Descrición: Árbore perenne.

Tronco:É de porte mediano

Follas: Ovais de entre 7 a 10 cm.

Ten flores?  Si. Flores brancas chamadas Azar, nacen illadas ou en acios e cheiran moi ben.

Ten Froito?  Si. A laranxa.

 Usos:Para facer zumes, para comer a laranxa. A especie C. aurantium produce laranxas amargas utilizadas para facer licores, marmeladas e confituras. A flor para facer perfumes, infusións e aceites.

Curiosidades:Pode chegar ata os 13 m de altura, non soporta as xeadas prolongadas por debaixo de 0º.

 
 

LIMOEIRO

NOME CIENTIFICO: Citrus limón

OUTROS NOMES: Limoe , citro, etc.

HÁBITAT: É orixinario de Asia. O seu cultivo extendeuse pola costa mediterránea debido o seu clima.

DESCRICIÓN: É unha pequena árbore perenne, da familia das rutáceas, que pode alcanzar os seis metros de altura. Posúe cortiza lisa  madeira dura e amarelenta moi utilizada en ebanistería. Ten moitas polas; as súas follas son elípticas, de cor verde mate, acabadas en punta, con bordos ondulados ou dentados. As súas flores son aromáticas, con pétalos brancos tinxidos de rosa no borde e con moitos estames. O seu froito  é o limón, ten moita vitamina c e ácido cítrico.

CURIOSIDADES: Existen moitas variedades de limoeiros, existindo limóns doces, limóns máis agres e tamén uns limóns pequenos de cor verde moito máis agres chamados lima.