4. Función de Reprodución

Nas plantas atopámonos con dous tipos de reprodución:

  • Reprodución Asexual, na que intervén un só proxenitor e dá como resultados individuos iguais, como as fresas, as patacas, un xeranio...

  • Reprodución Sexual, nas que interveñen dous órganos reprodutores. Os fillos non son idénticos pero teñen características similares aos proxenitores.


Reprodución das plantas con flores é sexual porque interveñen os dous órganos: o pistilo (feminino) e os estame (masculino)

    • Cando chega a primavera, despréndese o pole dos estames.
    • POLINIZACIÓN - O pole chega ao pistilo doutra flor, grazas ao vento ou aos insectos.
    • FECUNDACIÓN - O pole únese co óvulo e transfórmase nunha semente.
    • Se a semente atopa as condicións de humidade e temperatura axeitadas xerminará unha nova planta.