As plantas son seres vivos
2. Función de Nutrición
As plantas fabrican o seu propio alimento mediante un proceso chamado Fotosíntese
1. Na raíz
Absórbese a auga e os sales minerais que soben polo talo a modo de zume, denominado ZUME BRUTO
O zume bruto, ascende ata as follas polos vasos leñosos.
2. Nas follas:
-O zume bruto chega ata as follas.
-Absórbese dióxido de carbono do aire.
3. Realización da fotosíntese:
Co dióxido de carbono, o zume bruto e a luz do sol, forman o ZUME ELABORADO que é o alimento da planta. Durante este proceso, despréndese osíxeno.
4. Polo talo o alimento chega a toda a planta polos vasos liberianos.
A fotosíntese é o proceso mediante o cal a planta elabora o seu alimento utilizando substancias que toman da terra, do aire (CO2) e a enerxía que obteñen da luz do sol.
As plantas tamén respiran
Todos os seres vivos respiran, toman osíxeno do aire e expulsan dióxido de carbono.