As plantas son seres vivos

2. Función de Nutrición

As plantas fabrican o seu propio alimento mediante un proceso chamado Fotosíntese

1. Na raíz

Absórbese a auga e os sales minerais que soben polo talo a modo de zume,  denominado ZUME BRUTO

O zume bruto, ascende ata as follas polos vasos leñosos.

2. Nas follas:

-O zume bruto chega ata as follas.

-Absórbese dióxido de carbono do aire.

3. Realización da fotosíntese:

Co dióxido de carbono, o zume bruto e a luz do sol, forman o ZUME ELABORADO que é o alimento da planta. Durante este proceso, despréndese osíxeno.

4. Polo talo o alimento chega a toda a planta polos vasos liberianos.

A fotosíntese é o proceso mediante o cal a planta elabora o seu alimento utilizando substancias que toman da terra, do aire (CO2) e a enerxía que obteñen da luz do sol. 

As plantas tamén respiran

Todos os seres vivos respiran, toman osíxeno do aire e expulsan dióxido de carbono.