Section outline

  • PRACTICA UNHA RCP

    A Reanimación Cardiopulmonar  ou  RCP , deberase realizar cando o ferido non respire e non se aprecie o latexo cardíaco.

    Comezamos aplicando o protocolo MES. Tíralle da cabeza un pouco cara atrás coma no debuxo para abrir as vías respiratorias e colócate de xeonllos ao seu lado:

    mira escoita e senteMira (inspira/expira- sube e baixa o peito)

    Escoita (o sonido da respiración)

    Sente (na meixela o aire da expiración)

    Se non respira comezarase a aplicar a RCP á vez que alguén avia a Emerxencias.

    ACTIVIDADE 5.  Facede prácticas cunha boneca ou peluche de tamaño medianoPodes enviar algunha foto.

    ** Non se debe practicar nunha persoa. Non é un xogo, podes romperlle o esterno ou unha costela. 

    Faremos as compresións con música (A ritmo da Macarena ou Stayin' Alive dos Bee Gees) tamén se pode empregar un metrónomo que marque o pulso a 105 (en música, aparello que mide a velocidade do pulso, por se alguén non se acorda).

    Fíxate na posición do corpo

    rcp

    RCP Mans que salvan vidas from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

    PROTOCOLO RCP EN NENOS/AS

    Como realizar rcp nenos