Os Bolechas colaboran co 061 de Galicia, e ensínannos como realizar adecuadamente as técnicas de primeiros auxilios nas situacións máis frecuentes.
Actividade 4. Le cada día polo menos un dos libros dos Bolechas. Escribe un texto cos protocolos de actuación de cada emerxencia.
Para ler os contos tedes que activar a aplicación "Flash" no voso equipo (seguide as indicacións que aparecen ao comezo da actividade). En Android, Windows, Linux, funciona. Non o teño claro co sistema operativo iOS. Xa me contaredes!