A programar con Scratch
Section outline
-
PROGRAMAR PARA APRENDER SEN LÍMITES
Scratch é unha linguaxe de programación, unha forma de comunicarte co ordenador, creando animacións e xogos.
Scratch pretende ser un recurso educativo que esperte a curiodosidade, fomente a creatividade e permita aos rapaces expresarse, descubrindo e aprendendo cousas novas á vez que desenvolven a lóxica computacional. Busca tamén a aprendizaxe a través da reflexión e a discusión con outros/as.
O seu nome vén de mestura, o que hai que facer é combinar bloques. Os programas poden ser moi sinxelos ou máis complexos e poden permitir interactuar ou ser simplemente presentacións animadas, vídeos, etc.
Podes descargalo e instalalo no teu ordenador ou executalo dende o navegador. Deberás rexistrarte e xa podes crear e gardar os teus proxectos na nube.
Teclea no buscador -> scratch.mit.edu
Comezaremos facendo sinxelos proxectos, aquí vos deixo algúns para que comecedes a programar.
Para saber máis:Na biblioteca do centro podedes consultar o libro: Programa tus juegos con SCRATCH. Editorial DK
Xataka. Como iniciarse na programación desde cero con Scratch