mBotrato
Section outline
-
O SENSOR SEGUELIÑAS DO MBOT. ROBOT INFRARROXOPoderemos usar este sensor para que o robot circule sobre unha liña, creando distintos circuitos.A ter en conta:O sensor de liña conéctase ao porto 2.Reto 1: Programar o mBot para que circule de forma autónoma por riba dunha liña negra.Neste exercicio empregaremos tres tipos de bloques: Control (laranxas) Os bucles por sempre e se.... entonces, Un operador (de cor verde) onde engades 2 variables -> ...... y ....... e no Programa Robot, o seguidor de liña e o bloque de avanzar/xirar/deterse.ProgramaciónÁ hora de programar o sensor teremos en conta o seguinte:Iremos corrixindo a dirección para manter o robot sobre a liña, xirando o robot cara o lado correspondente. Ollo! Neste bloque deberase interpretar o lado esquerdo/dereito como a túa esquerda/dereita mirando de frente1. Se o lector esquerdo do sensor de liña está enriba da liña negra e o sensor dereito está fóra da liña, corrixe a dirección para manterse na liña, xirando cara a dereita.2. Se o lector dereito do sensor de liña está enriba da liña negra e o sensor esquerdo está fóra da liña, corrixe a dirección para manterse na liña, xirando cara a esquerda.3. Se ambos sensores están sobre a liña negrra, o robot avanza recto.Pódese engadir outro si... entonces, se os dous sensores están en branco, que o robot xire ata atopar a liña.Reto 2: Proba agora a programalo para que vaia sobre unha liña branca.Reto 3: Programar o robot para que sexa autónomo e circule polo interior dun tatami que imos debuxar con forma de corazón.PROXECTO mBotrato1. Por un lado debuxaremos a silueta branca dunha pomba ou dun corazón nun fondo negro.2. Programar 2 robots para que circulen de forma autónoma pola liña branca.3. Programar 1 robot para que se mova polo interior do tatami-pomba ou tatami-corazón.Este sensor de liña ten dous lectores de liña cos que controlaremos os bordes. Compróbao ti mesmo colocando o mBot enriba da liña!. Estes son os valores numéricos que empregaremos para programar o mBot:
VALORES DECIMAIS INTERPRETACIÓN PROGRAMAMOS 0 0 
Os dous sensores van pola liña negra e están apagados.
O emisor emite e non recibe nada porque a cor escura absorbe e non reflicteSegue recto 0 1 
O sensor sensor esquerdo vai pola liña negra (está apagado, non emite) e o dereito vai por fóra (luz acendida, reflicte a cor.) Xira á esquerda 1 0 
O esquerdo vai por fóra (luz acendida) e o dereito pola liña negra (apagado) Xira á dereita 1 1 
Os dous sensores van por fóra da liña negra Que se deteña. Velocidade=0
Ou que xire ata atopar a liña negra.Tamén un operador (verde) maiorProgramaciónmBotrato from Ceip Vistafermosa on Vimeo.