Section outline

  • PROXECTO NADAL. NADAL mBótico
    1.- Escribe unha palabra ou pequena frase de felicitación do Nadal e que se mostre na Pantalla de LEDs
     
    A Matriz de LEDs do mBot é unha pantalla formada por 128 lámpadas chamadas LEDs. Están colocadas formando unha táboa ou matriz de 8 filas e 16 columnas. Cada LED pode acenderse e apagarse por separado polo que pode mostrar na pantalla números, letras ou debuxos en función das lámpadas que acendamos ou apaguemos.
     
    Pasos a seguir:
     
    Selecciona o Evento (como queres que empece)
    Engade un bloque de control: Por sempre
    Emprega o bloque do robot “ Mostrar cara”
    A matriz de LEDs conéctase ao porto 1
    Tes estas opcións:
    mostrar cara hi
     
    mostrar cara debuxo
     
    mostrar cara número
     
    Exemplo
    bo nadal matriz led

    Matriz de LEDs do mBot from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

    2.- Crear unha iluminación de Nadal. Conseguir que cada LED do Módulo de 4 LEDs RGB se ilumine dunha cor diferente
    As siglas RGB -> red, green, blue Placa con 4 lámpadas tipo LED cunha característica especial: Poden iluminarse variando a súa cor, podendo conseguir calquera cor do arco da vella.
     
    3.- Cargar o programa no robot para que funcione de xeito autónomo.
    Para iso selecciona no bloque ROBOT, o lanzador Programa de mBot .

    Nadal mBotico from Ceip Vistafermosa on Vimeo.