Espazo maker
Section outline
-
SOMOS MAKERS

Agora tócavos a vós:
1º Comeza desembalando as pezas e identificamos os elementos que o compoñen:
Unha placa base chamada MCore, que é o cerebro do robot. con conectores, portos, leds, sensores, un zumbador, interruptor, etc,
Un chasis
2 Motores
2 Rodas con cadanseus zapatiños
1 Mini roda auxiliar
Un sensor segueliñas e un de ultrasóns
1 Módulo Bluetooth
1 Batería de litio e caixa porta baterías Cables, Parafusos, porcas e desaparafusador
2º Monta os motores, para iso precisas 4 parafusos longos e as porcas.
Mentres, ponlle os zapatiños ás rodas.
Cando estean os motores aparafusados, coloca as rodas con parafusos autoperforantes M2x9
3º Xira o chasis e na parte frontal coloca o sensor seguidor de liña e a mini roda auxiliar centrado nos buratos do medio. Emprega 2 parafusos M4X8, cambia o desaparafusador ao modo Allen.

4º De seguido aparafusa o sensor de ultrasón na parte dianteira con 2 parafusos de cabeza allen m4x8
5º Coloca os cables nos conectores e saca os cables polo oco do chasis á espera de montar a placa.
6º Collea MCore, ábrea e coloca con moito coidadiño o módulo Bluetooth. Ollo ao encaixar os pins! Volve a encaixar a cuberta.
7º Agora introduce a batería de litio no soporte, sacando o cable pola fendedura lateral da caixiña e volve a pechala.
8º Encáixaa na parte inferior da placa.
9º Aparafusa a MCore ao chasis, cos 4 parafusos M4x8.
10º E por último conecta os cables e xa estaría montado o robot:
Conectar motores e batería.Conectar o sensor de Ultrasóns ao porto 3Conectar o segueliñas no porto 2Conectar a matriz LEDs no porto 1