Section outline

  • Fontes de enerxía:

    As fontes de enerxia son os recursos naturais dos que extraemos a enerxía. Poden ser de dous tipos:

    ENERXÍAS RENOVABLES:

    Enerxía SolarTodos os seres vivos utilizamos a enerxía que provén do Sol. A enerxía solar converte o calor e a luz do sol en enerxía eléctrica.

    Enerxía eólica- O vento é o aire que está en movemento. A enerxía eólica converte o movemento do aire en enerxía mecánica para a produción de enerxía eléctrica.

    Enerxía hidráulica -  Para producir enerxía utilízase a auga dos ríos e a auga dos encoros. A enerxía  hidroeléctrica produce enerxía eléctrica a partir do movemento da auga.

    Enerxía xeotérmica - Aproveita a calor interna da terra.

    Enerxía da biomasa - aproveita a enerxía almacenada polos seres vivos: madeira, alimentos, excrementos...

    ENERXÍAS NON RENOVABLES

    Combustibles fósiles:

    -Petróleo É un líquido escuro que se extrae do interior da Terra bombeándoo a través dos pozos petrolíferos. Do petróleo obtéñense combustibles como a gasolina e o gasóleo.

    -Gas natural - É un gas que se atopa baixo a terra, plo xeral  xunto ao petróleo e, por iso, tamén se extrae dos depósitos petrolíferos.

    -CarbónÉ unha rocha de cor negra, consiste en materia vexetal carbonizada que se atopa no subsolo terrestre. Para extraelo dos seus depósitos escávanse minas subterráneas.

    Enerxía nuclear: Aproveita a enerxía dos materiais radioactivos como o uranio.

    Conclusións

        AS FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES       AS FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES

    -Proveñen dos recursos naturais.

    -Estanse xerando continuamente. Non se esgotan

    -A maioría proceden dunha fonte practicamente inesgotable, o Sol.

    -No seu proceso de transformación en enerxía eléctrica producen poucos problemas ambientais.

    -O seu uso, axuda a diminuír o cambio climático

    EXEMPLOS:

    Enerxía solar, eólica, xeotérmica, biomasa, hidráulica                                                                                                                                           

    -Proveñen dos recursos naturais,

    -Extráense máis rápido do que se rexeneran. Esgótanse

    -En xeral son contaminantes.

    -No seu proceso de transformación en enerxía eléctrica poden provocar graves problemas ambientais para os seres vivos e para o medio ambiente.

    -O seu uso , provoca o quentamento global (cambio do clima e aumento da temperatura)

    EXEMPLOS:

    Combustibles fósiles: carbón, petróleo, gas natural

    Minerias: Uranio (enerxía nuclear)

    ACTIVIDADES

    - Clasifica estas fontes de enerxía en renovables e non renovables:

    • Auga 

    • Carbón 

    • Gas natural 

    • Petróleo 

    • Sol 

    • Vento 

    - Completa o seguinte mapa conceptual:

    -Relaciona cada tipo de central eléctrica coa orixe da súa enerxía:

    • Central eólica 

    • Central hidroeléctrica 

    • Central solar 

    • Central térmica 

    INVESTIGA:

    -De onde provén a enerxía eléctrica que chega á túa casa:............................

    -Os parques eólicos ou aeroxeneradores, os encoros, tamén provocan efectos negativos na natureza. Como afectan ao chan, á flora e a fauna do lugar onde se colocan/constrúen?

    -O uso de fontes de enerxía non renovables, o petróleo, carbón, gas natural, contaminan moito o planeta. Pensa nalgunha medida que podería resolver esta situación. 

    EXTRA: Crea este COMECOCOS sobre as fontes de enerxía para reforzar os contidos traballados (tes modelos adxuntos para descargar, copiar)