Section outline

  • A ENERXÍA MOVE O MUNDO

    "Estou cheo/a de enerxia"  "Dálle con máis enerxía" "Necesita enerxía para que funcione" "Estou cargado de enerxía positiva"

    Realiza unha lectura comprensiva das páxinas 96 e 97  da unidade 6. 

    Queremos saber... que é a enerxía?

    Grazas á enerxía  os corpos móvense, cambien a súa forma ou as súa composición. Poderíamos definir A ENERXÍA como a capacidade de facer funcionar as cousas. 

    No noso día a día necesitamos  enerxía practicamente para todo: para iluminar a casa, as rúas, para o transporte, preparar alimentos... Os seres vivos tamén necesitamos enerxía para manternos con vida e realizar as funcións vitais.  A maior parte da enerxía que empregamos ven do Sol.

    A enerxía pode manifestarse de diferente formas.

    Formas nas que se presenta a enerxía:

    -Enerxía luminosa. É a que teñen os corpos que dan luz, como o Sol, unha candea ou unha lámpada

    -Enerxía eléctrica. Circula polos cables e podemos observala nos raios da tormenta. Fai funcionar os electrodomésticos (lavadora, cociña, aspirador, televisor…) os aparatos electrónicos (ordenador, tablet…) .

    -Enerxía mecánica. É a que teñen os corpos  en movemento.

    -Enerxía térmica ou calorífica. É a que teñen os corpos que emiten calor, como a madeira ardendo, o sol,  ou unha estufa.

    -Enerxía química. É a que teñen  as pilas, os alimentos ou  a gasolina.

    -Enerxía sonora. A que teñen os corpos que emiten son.

    A ENERXÍA NON SE CREA NIN SE DESTRÚE, TRANSFÓRMASE

    Unhas formas de enerxía poden transformarse noutras. A enerxía eléctrica transfórmase en enerxía luminosa na bombilla, ou  calorífica nun radiador. A enerxía mecánica de cando corremos ou andamos na bici transrómase en enerxía calorífica.

    ACTIVIDADES DESPOIS DA LECTURA

    1 Tendo en conta o anterior...Que formas de enerxía emite un/unha... (Pode ser máis de unha.)

    Unha lanterna acendida.............

    Unha fogata ..........

    Unha gaita tocando ...............

    Un muíño de vento...................

    Un lucecú cando se ilumina..................

    Os raios dunha tormenta.................

    A que contén un bocata de xamón .......................

    2. Elabora unha lista cos aparatos que teñas na casa e que funcionen con enerxía eléctrica. Clasíficaos segundo transformen a enerxía en calor, luz ou movemento.

    Aparatos eléctricos

    xoguetes, electrodomésticos

            TRANSFORMAN A ENERXÍA ELÉCTRICA EN...
    LUZ     CALOR MOVEMENTO
         Batedor                  v

    3.INVESTIGA: Por que na actualidade necesitamos máis enerxía que en tempos pasados?

    4. Fai un estudo do consumo  enerxético da túa casa:

    -Número de bombillas .................... bombillas de baixo consumo .............

    -Apagas as luces e os aparatos eléctricos cando non se necesitan? Si/Non/Ás veces

    -Aproveitas a luz solar para traballar sen acender as luces?

    -Cres que o consumo eléctrico da túa casa podería reducirse? ................ Nomea algunha medida para conseguilo....................