Section outline

  • 1. Lectura do libro de ciencias: páxinas 98-101 e do seguinte resumo:

    As Fontes de enerxía  son  os recursos existentes na natureza dos que o ser humano pode obter enerxía.

    Poden ser Renovables e Non renovables

       AS FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES       AS FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES

    -Proveñen dos recursos naturais da natureza.

    -Estanse xerando continuamente e non se esgotan

    -A maioría proceden dunha fonte practicamente inesgotable, o Sol.

    -No seu proceso de transformación en enerxía eléctrica producen poucos problemas ambientais (cambios na paisaxe, contaminación sonora.)

    -O seu uso, axuda a diminuír o cambio climático

    -Proveñen dos recursos naturais da natureza,

    -Extráense máis rápido do que se rexeneran. Esgótanse

    -No seu proceso de transformación en enerxía eléctrica poden provocar graves problemas ambientais para os seres vivos e para o medio ambiente.

    -O seu uso , provoca o quentamento global (cambio do clima e aumento da temperatura)

     

    Son fontes de enerxía renovable: 

    O sol- Paneis fotovoltaicos ou paneis solares que aproveitan a enerxía luminosa e térmica do sol

    O vento - Parque eólicos ou aeroxeradores que aproveitan a velocidade do vento.

    A auga - Centrais hidroeléctricas que aproveitan o movemento da auga.

    Combustibles de orixe animal ou vexetal  (madeira, graxas...) - Biomasa

    Calor da terra - Enerxía Xeotérmica

    Son fontes de enerxía non renovable:

    Combustibles fósiles: Chámanse así porque se formaron hai millóns de anos no interior da codia terrestre a partir de restos de seres vivos. Utilízanse como combustibles para obter electricidade en centrais térmicas. Son o petróleo, o gas natural e o carbón.

     Combustibles nucleares: Aproveita a enerxía dos materiais radioactivos como o uranio.  Transforman a enerxía nuclear en enerxía eléctrica nas centrais nucleares

    2. Presta atención ás seguintes presentacións e realiza os test que se che propoñen. 

    Enerxías Renovables

    Enerxías Non Renovables

    3. Explica as vantaxes e invonvenientes destes tipos de centrais de produción da corrente eléctrica. 

    Tipos de centrais Fonte de enerxía que utilizan Vantaxes Incovenientes
    Central eólica

    Central hidroeléctrica
    Paneis fotovoltaicos
    Central térmica de carbón
    Central nuclear

    Combustibles nucleares como o uranio ou o plutonio

    Producen moita enerxía

    Non produce gases de efecto invernadeiro

    Producen residuos tóxicos e radiactivos

    Un accidente nunha central provoca graves consecuencias.

    Mira o seguinte vídeo: A enerxía da biomasa.

    4. Despois de ver o vídeo: Debuxa unha central de biomasa e expliqca cal é o proceso para producir enerxía eléctrica. Que residuos produce?

    A enerxía é unha necesidade básica para as persoas. A diario usamos diferentes fontes de enerxía: botamos combustible ao coche ou a moto, conectamos á corrente eléctrica videoxogos, ordenadores, tablets, cociñamos alimentos... A maior parte da enerxía que consumimos é enerxía eléctrica que se produce en centrais térmicas, hidroeléctricas, eólicas, de biomasa, nucleares.... Todas elas, en diferente medida, provocan cambios na paisaxe, contaminación ambiental, sonora...


       

    5. Escribe algún problema derivado do mal uso da enerxía:

    -Sobre a atmosfera-

    -Sobre a hidrosfera-

    -Sobre os seres vivos-

    - Sobre a xeosfera ou na paisaxe-

    6. Se tiveras que escoller a fonte de enerxía que sexa máis respectuosa co medio, máis eficiente... cal escollerías? ........................... Escribe os teus argumentos para defender a túa elección:

    5 De Xuño é o Día Internacional do Medio Ambiente, celébrao todos os días: 

     

    Autoría do cartaz: Estefanía Torres. Mestres de Galicia