Section outline

  • A ENERXÍA  MOVE  O MUNDO
    A palabra enerxía é relativamente nova, introduciuse na linguaxe científica no século XIX, antes chamábase "forza".
    A enerxía supuxo unha peza clave para o desenvolvemento da humanidade. O ser humano sempre necesitou a enerxía para sobrevivir e avanzar.
    Por outro lado o consumo excesivo de enerxía é o causante de graves problemas medioambientais.
    Aprenderemos que a materia contén enerxía ecoñeceremos as formas nas que se transforma. en sa identificar formas de ener. Algunhas transformacións de enerxía causan graves problemas medioambientais, como a nosa dependencia dos combustibles fósiles: petróleo, gas natural e carbón.
    Hoxe queremos saber que é a enerxía
    Le con atención as páxinas 94 e 95 do libro de ciencias.

    A enerxía é todo aquilo capaz de producir cambios e transformación na materia: no movemento, no estado, na forma, na composición...

    A enerxía non ten masa nin volume pero pode medirse, pode almacenarse e conducir en certos dispositivos condutores. Transfírese duns corpos a outros e produce cambios nos obxectos (fai que os obxectos se movan, se paren, se deformen,...). A enerxía non se crea nin se destrúe e transfórmase.

    A enerxía maniféstase na natureza de diversas formas:

    - A que conteñen os corpos que se moven - Enerxía mecánica (potencial se o corpo cae a certa altura ou cinética referida aos corpos en movemento )
    -A que teñen os combustibles e os alimentos - Enerxía química.
    -A que teñen os corpos que emiten luz e/ou calor - Enerxía luminosa e térmica ou calorífica.
    -A que conteñen os raios da tormenta - Enerxía eléctrica.
    -A que teñen os imáns, que fai que os corpos se atraian ou se repelan - Enerxía magnética.
    -As que transportan as ondas sonoras procedentes do sonido- Enerxía sonora
    - A que se produce no interior das estrelas e despréndena substancias radiactivas como o uranio ou o plutonio - Enerxía  nuclear
    1 Vídeo para reforzar a información:
    2. Observa: Berto está de campíng e quere facer lume para cociñar, quentarse e defenderse dos osos. Observa como transfire enerxía ao pau e esta se transforma noutro tipo de enerxía.
    Que 5 formas de enerxía aparecen?
    enerxia
    3. Nomea dúas características da enerxía:
    Completa as seguintes afirmacións coa forma de enerxía que hai ou que se manifesta en cada caso.
    a) Un obxecto en movemento ten enerxía............... .
    b) Unha chama desprende enerxía ............................... e ..........................
    c) Un raio dunha tormenta é unha manifestación da enerxía ............................
    d) Un bocata de xamón contén enerxía ........................
    e) O Sol desprende enerxía ................... e ............................... .
     
    4. Observa a imaxe: Que formas de enerxía ves e/ou deduces? Razoa a túa resposta
     chque
    5. Elixe situacións da vida cotiá nas que poidas percibir estas formas de enerxía: eléctrica, cinética, química.